viernes, 5 de febrero de 2010

Non nos avisaron


As cousas puxéronse duras no mes de xuño do ano pasado. Un día ao atardecer , chegaron uns operarios mandados polos de Adif e sen avisar pecháronos con terra e pedras os pasos de Paio Rodríguez e a Pena.

En Paio Rodríguez cruzábamos a vía para ir das nosas casas ás leiras, levábamos as vacas a pacer, somos moitos xente maior e esa era a nosa forma de pasar o tempo, moitos pasamos o tempo de toda a nosa vida levando a pacer as vacas e traballando nas leiras, agora xa vendimos as vacas e as leiras quédannos moi lonxe. Os de Adif dixéranos que ían facer un paso soterrado, pero até o de agora nada de nada.

Na Pena o mesmo día, pedra e terras e a aldea partida, os velliños do outro lado da vía que viven solos xa non poden cruzala, e o pero e que nos, que iamos velos de cando en vez, non podemos. Temos que andar un quilómetro medio par ir ao cabo deles.

Dous irmáns, home e muller, que traballaron na Renfe e que agora os seus herdeiros páganlle así os servizos prestados. E que me decides de José Manuel e a súa familia, que teñen as vacas deste lado e as fincas do outro, e xa non as poden sacar a pacer. Corenta vacas que pacían herba e agora pacen todo o ano forraxe. E os de Adif nin sequera miran para nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario