sábado, 13 de febrero de 2010

Mañá a partir das 11:30 outra vez a Bodeus


Mañá van vir os do programa España Directo, da primeira cadea de TVE, a facer una reportaxe sobre o grande problema que temos con Adif. Vámonso reunir no paso de Bodeus para que os da tele poidan facer un bo traballo e que en toda España vexan o que está a facer con nos o Ministerio Fomento.

Temos que agradecerlle a España Directo o seu interese polo noso problema, xa que non e a primeira vez que se achegan a Curtis. Este verán xa sacarón as vacas de José Manuel, o veciño da Pena, na tele. Un agradecemento que facemos a todos os medios de comunicación que se están a facer eco da lamentable situación que estamos a sufrir.

Podedes ver o ven que sacou El País o tema, e ver as vacas máis famosas de Galicia, as de José Manuel e a súa familia, que xa teñén saído en moitos periódicos e máis na tele. Agora non as poden sacar a pacer por mor do corte do paso. Para ir aos seus prados tería que levar as vacas por unha estrada tan estreita que mesmo semella ter so beiras. Un peligro. Mentras a familia ten que comprar herba seca e deixar as vacas na corte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario