lunes, 8 de febrero de 2010

Hoxe viron a apoiranos dous parlamentarios


Este mediodía achegáronse até o paso de Budeus co centro de Curtis o parlamentario do PP en Santiago, Carlos Negreira, e máis a deputada no Congreso, María Belén Do Campo, que xa estivera no verán ,visitando as desfeitas que tiña feito Adif, nos pasos que xa coñecedes. Negreira e máis Do Campo, quixeron vir a Curtis para mostrar o seu apoio aos veciños afectados pola supresión destes pasos, e esixir a Adif e máis a o Ministerio de Fomento que cumpran as súas promesas cos veciños. Tamén estiveron en Bodeus o alcalde, Javier Caínzos, e varios concelleiros do seu equipo.

Caínzos levou á comitiva a ver o paso sobre a vía que Adif fixo entre a rúa Concepción Arenal e Bodeus, e salientou que nesta ponte o concello tivo que por alumeado provisional, xa que Adif aínda hoxe no o fixo. As beirarrúas da ponte ademais son demasiado estreitas para permitir o transito de persoas en cadeira de rodas ou mesmo os cocheciños dos nenos pequenos. A Cousa e que a ponte quedou bastante chapuceira.
Posted by Picasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario