sábado, 20 de febrero de 2010

60 días de Tregua

ogo de tres semanas de mobilizacións, a Plataforma Veciñal de Afectados por Adif no Concello de Curtis vai paralizar as súas accións e concentracións durante un prazo de 60 días. Segundo os voceiros dos colectivos veciñais a tregua é un xesto co que queren por de manifesto a súa intención de chegar a unha solución construtiva con Adif e co Ministerio de Fomento e indican que agora lles toca a eles falar.

O anuncio do cese temporal de movilizacións, ven despois de que, este xoves, o pleno do Concello de Curtis aprobara por unanimidade unha moción da alcaldía na que se mostra o apoio ás reivindicacións veciñais e na que se esixe de Adif o cumprimento dos compromisos adquiridos con Concello e a veciñanza.

Neste sentido a plataforma quere agradecer aos veciños o apoio que teñen mostrado hacia os afectados, apoios que se sustancian na recollida de firmas, na asistencia ás concentracións e a os actos convocados. Os membros da plataforma veciñal tamén queren facer un agradecemento ao alcalde do municipio, Javier Caínzos, e a todos os grupos da corporación por terse comprometido coa causa veciñal. Un agradecemento que fan extensivo aos medios de comunicación por ter reflictido con obxectivade cada unha das accións levadas a cabo.

A plataforma espera que neste este período, Adif e a Fomento acorden realizar ás obras ás que se teñen comprometido. De non ser así, logo de rematar o prazo sinalado, os afectados voltarán a retornar a actividade reivindicativa, con máis pulo se cabe, até conseguir a construción de pasos soterrados nos lugares de A Pena, Paio Rodríguez, ademais do de Bodeus, e o acceso as ficas no lugar das Rabuñas

No hay comentarios:

Publicar un comentario