lunes, 1 de febrero de 2010

Nace a Plataforma Veciñal



O xoves constituímos a Plataforma dos veciños do Concello de Curtis afectados por Adif. Desde que en xuño do ano pasado Adif cortara os pasos de A Pena e Paio Rodríguez non podemos cruzar a vía.

José Manuel e a súa familia teñén corenta vacas leiteiras no lugar da Pena, desde principios do verán pasado non poden levalas a pacer as súas propias fincas, o resto dos veciños tamén teñen que dar un rodeo de case tres quilómetros para ir aos mesmo sitios, antes separados por cen metros.

Adif cala e non di nada, comprométerase a facer o paso soterrado, e polo de agora nada de nada. Nos próximos días falaremos dos outros pasos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario